Boiro, 10 de febreiro de 2012. En colaboración co departamento de Cultura do Concello de Boiro a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) contribúe dende hai anos nesta idea organizando foros e xornadas na que se explora como a creatividade pode ser un factor de innovación e crecemento empresarial. Coa organización deste evento titulado A INNOVACIÓN EMPRESARIAL ASOCIADA Á CREATIVIDADE pretenden:
Por unha banda, amosar que a creatividade potencia a economía e o desenvolvemento local.
E por outra dar a coñecer ao tecido empresarial e cultural do Barbanza, con iniciativas emprendedoras que souberon conxugar INNOVACIÓN +CREATIVIDADE +CULTURA + EMPRESA.
O obxectivo é que sirvan de referencia e aliciente para outras empresas e emprendedores a hora de iniciar unha aventura empresarial.¿Qué é Pecha Kucha?Creado en Tokio de 2003, Pecha Kucha xorde como un espazo interdisciplinar onde oradores de diversas disciplinas expoñen súas ideas e proxectos. O evento converteuse nunha celebración masiva expandíndose a máis de 400 cidades. Pecha Kucha diferénciase doutros eventos polo seu formato rápido de presentación baseado nunha simple idea: 20 imaxes x 20 segundos = 6 min 40 segundos para cada orador, sen dúbida una potente dose de creatividade comprimida. Cada participante propón 20 imaxes, que se proxectan durante 20 segundos cada unha, e sobre elas fai a súa presentación. É similar ao TED, só que éste achégase máis ben ao mundo da divulgación científica. Máis vídeos do Pecha Kucha de Boiro na canle de Arousa Norte en Youtube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario