Noia, 10 de febreiro de 2012. O próximo luns, 13 de febreiro, ás 19:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Noia a conferencia Límites en la educación a cargo de Beatriz Janin (psicoanalista, investigadora e autora).
A conferencia está organizada por AGAPSI (Asociación Galega de Psicoanálise) e a coordinadora é Janeth Pombo Ruiz.
A charla forma parte dos actos de presentación de Beatriz Janin en Galicia, a cal tamén está a presentar o seu libro "El sufrimiento psíquico en los niños", nun acto á parte que terá lugar en Santiago de Compostela.
Máis información en http://asociaciongallegadepsicoanalisis.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario