- Os mozos/as socialistas acusan a Rajoy de ser un obstáculo para a emancipación da mocidade
Ribeira, 9 de febreiro de 2012. A organización xuvenil lanza a campaña “Rajoy bótanos de casa” para lembrar a todos os mozos/as que “agora, grazas ao Goberno do Pardo Popular, temos moitas máis dificultades para emanciparnos e iniciar un proxecto de vida independente”. As Agrupacións de Xuventudes Socialistas de Santiago, Culleredo, Becerreá, O Barco,
Ribeira, Miño, Betanzos, Narón e Ferrol unirán as súas forzas esta semana para realizar a campaña “Rajoy bótanos de casa” proposta pola Organización a nivel Federal; coa que queren por de manifesto que “moitos mozos/as veranse obrigados a volver a casa dos seus pais trala supresión da renda básica de emancipación (RBE)”. As Agrupacións lembran que a “RBE foi todo un acerto que permi%u a moitos mozos/as independizarse e agora teñen que dar un paso atrás porque non van a poder facer fronte ao pago dun aluguer”. “Ao parecer- enganden dende as Agrupacións socialistas- a Rajoy e ao seu equipo segue sen interesarlle que o mozos/as españois se emancipen e comecen un proxecto de vida independente”. As Agrupacións din que o PSOE foi o único partido que apostou pola RBE. “Unha medida – engaden dende as Agrupacións de XSG-‐ que permitíu que máis de 300.000 mozos/as se emancipen, dinamizando, á súa vez, o mercado de aluguer grazas á diminución do esforzo económico que tian que facer os mozos/as para costearse unha vivenda”. Para os mozos/as socialistas o actual goberno do PP “abandonou aos mozos/as e se converteu nun obstáculo para a súa emancipación”. Neste sentido, as Agrupacións consideran que “eliminar a RBE foi un erro” xa que “esta axuda xerou beneficios fiscais ás arcas públicas ao aflorar datos de inmobles cuxos propietarios antes non declaraban”. Para as Agrupacións socialistas o que hai que facer e, moito máis en época de crise, é “seguir favorecendo o acceso á primeira vivenda da mocidade a través de políticas dirixidas ao aluguer que permitan dinamizar a economía moza”. E lembrar que “os
beneficios obtidos polo mantemento da RBE son maiores que o aforro orzamentario que se pode derviar da súa progresiva redución” polo que esixen que o goberno rectifique e manteña a renda básica de emancipación. Porén, as Agrupacións desprazaranse este venres día 10 de febreiro á localidade de Ribeira onde repartirán información aos mozos/as sobre o tema. Así mesmo, dende o comezo desta semana, as Agrupacións xa presentaron e difundiron esta campaña nas redes sociais con todo o seu material. Finalmente, a través dos Grupos Municipais dos citados Concellos promoverase unha moción na que se inste ao goberno central a revogar a súa medida do pasado día 30 de decembro e a manter a Renda Básica de Emancipación nos parámetros que se coñecían até o de agora, así como a tomar as medidas oportunas para a consolidación e ampliación da RBE a través dunha partida orzamentaria suficiente para garantir un maior alcance entre os mozos/as. E, como non pode ser doutra maneira, que anove o contrato que ten subscrito coa nosa Comunidade Autónoma na xestión da RBE. O reparto de material en Ribeira será este venres 10 de febreiro de 2011 en Bandaorrio, ás nove da noite.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario