- Recuncarán en marzo, pois xa hai nova viaxe prevista na primeira fin de semana
xa ésta a terceira ocasión na que se organiza esta viaxe, aínda que desta vez a
meirande parte dos asistentes pertencían ao municipio boirense, salvo seis persoas. O presidente da asociación, Jorge Campaña, quixo incidir nos beneficios destas actividades nas que os mozos e mozas poden aprender e divertirse coa práctica de deportes de inverno, e destacou especialmente “o ambiente de respeto e educación entre tódolos integrantes así como o feito de que cada vez resulta menos complexa a planificación pois a xente colabora nas distintas labores, como o reparto de forfaits, o reconto da xente, a organización das comidas ou o aluguer de equipos”. Como consecuencia da boa acollida da actividade, Borobó xa ten cerrada unha nova data, a fin de semana do tres e catro de marzo, pois xa comezan a contar cun grupo fidelizado dunhas vinte persoas a estas actividades, que agradeceron á entidade a oferta deste tipo de servizos e iniciativas para a xente nova.
Boiro: o martes 28 de febreiro, charla sobre Marilyn Monroe. "Ni rubia ni tonta" post.ly/5LhGK
— Certo (@Certo) February 13, 2012
Boiro: o IES A Cachada presenta o 14 de febreiro "Amores prohibidos 2.0", un repaso aos clásicos a través do teatro ... post.ly/5LgK7
— Certo (@Certo) February 13, 2012
Recordades a vosa primeira vez? Novo conto da Tasca do Cuco certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) February 13, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario