O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, visitou acompañado do alcalde, Manuel Ruíz Rivas, o local na que se ubicará
- Investiranse 90.000 euros e dDisporá de material informático con 13 ordenadores e unha impresora láser, equipo profesional de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e plasma, sistemas de control para modificar o escenario, panel de conexión de prensa e, como mobiliario, 12 mesas e 24 cadeiras
Cabaleiro, co alcalde de Boiro na recente reapertura da aula Cemit daquel municipio
Ribeira, 14 de febreiro de 2012.- O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, visitou hoxe en Ribeira o local no que se ubicará a nova aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión tecnolóxica, CeMit, da localidade. A Xunta de Galicia investirá 90.000 euros neste centro que ocupará un espazo de 80 metros cadrados nos baixos da escola infantil da rúa Cubeliños e que estará aberto ao público no mes de xuño.
A nova instalación contará cun espazo duns 80 metros cadrados dos que a aula ocupará 75, e disporá dunha sala de telecomunicacións e un almacén. A aula estará acondicionada acusticamente e disporá de material informático con 13 ordenadores e unha impresora láser, equipo profesional de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e plasma, sistemas de control para modificar o escenario, panel de conexión de prensa e, como mobiliario, 12 mesas e 24 cadeiras.
Esta nova aula CeMit estará conectada á Rede Corporativa da Xunta de Galicia o que lle permitirá beneficiarse de todos los eventos formativos e divulgativos que se realicen en calquera dos 98 centros que integran a Rede. A nova aula de Ribeira participará, ademais, no programa de dinamización que a Xunta ofrecerá a partir do mes de marzo.
Aula desde 2002 na Confraría de Pescadores
O Concello de Ribeira conta cunha aula da Rede CeMit desde o ano 2002. Está situada na Confraría de Pescadores, conta cun axente de dinamización TIC e está dotada de 12 ordenadores conectados a internet a través da Rede corporativa da Xunta. Esta aula é unha das máis dinámicas da Rede xa que leva realizadas máis de 154 horas de alfabetización dixital desde que foi contratado o axente TIC, o ano pasado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario