O Liceo Pueblense está na estrada principal da Pobra, fronte á alamedaA Pobra, 14 de febreiro de 2012. Barbantia, asociación cultural que da que foi fundador Antón Riveiro Coello, organiza no Liceo Pueblense xunto coa Editorial Galaxia e un xornal a presentación do último libro do escritor afincado en Barbanza, "Laura no deserto". A actividade literaria terá lugar o vindeiro venres 24 de febreiro, ás 20:30 h, no salón de actos do Liceo d’A Pobra do Caramiñal (Rúa da Paz, 27). Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Jorge Abal Caamaño, presidente do Liceo Pueblense; e o autor da novela e directivo de Barbantia, Antón Riveiro Coello.Quere ler unha reseña desta novela?
Xosé Manuel Eyré fíxoa para Galicia Confidencial, aquí Pode que tamén lle interese:
Entroido 2012: programación prevista
Viaxe: a Madrid, do 22 ao 25 de marzo. Anótate!
Asturianos pola Pobra: visitando o Museo de Valle
Política: instan a que se dean de alta no padrón
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario