Boiro, 10 de febreiro de 2012. O presidente da Deputación coruñesa, Diego Calvo, acompañado polo alcalde de Ribeira e tamén deputado provincial Manuel Ruiz Rivas, realizaron unha visita institucional á Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica AMICOS, para coñecer de primeira man o proxecto de construción da Residencia para persoas Gran Dependentes con Discapacidade Intelectual que a entidade ten previsto construir no concello de Boiro -en Comoxo- e que a Deputación Provincial financiará o 60% con 400.000,00 € sobre un orzamento de 750.000,00€.
O proxecto de construcción da unidade residencial de asistidos pretende dar cobertura na súa primeira fase a 30 persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extenso e xeralizado, nunha zona (comarcas de Barbanza e Noia) onde existe un importante déficit de cobertura en materia asistencial e non existe ningún centro con estas características.
Boiro: actividades de Entroido e bases do concurso de disfraces post.ly/5I4cQ
— Certo (@Certo) February 10, 2012
Boiro: a asociación de empresarios acubillou o Pecha Kucha post.ly/5I4QB
— Certo (@Certo) February 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario