Noia, 10 de febreiro de 2012. Con motivo da celebración o vindeiro día 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”, a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM) convoca o V CONCURSO FOTOGRÁFICO “SE EU PODO, TI TAMÉN“.
RESUMEN DAS BASES
-TEMÁTICA DAS FOTOGRAFÍAS
As fotografías deberán tratar sobre a corresponsabilidade de homes e mulleres no espazo público, privado e/ou doméstico. Nelas poderán aparecer tanto persoas do sexo masculino como feminino, ou calquera outra imaxe que reflicta o espírito do concurso.
O xurado resérvase o dereito de aceptación das obras segundo se axeiten ou non á temática requerida.
As fotografías presentadas deberán ser inéditas, e non se aceptarán as que foran seleccionadas noutro concurso ou certame. As imaxes deberán ser orixinais, non se admitirá ningunha fotografía con dereitos de propiedade intelectual que non pertenzan integramente e sen excepción ao propio participante.
- PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas afeccionadas interesadas que o desexen.
-PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS
A participación no concurso é gratuíta e realizarase mediante a presentación dun sobre dirixido ao Centro de Información á Muller do Concello de Noia (CIM), edificio de Servizos Sociais, ubicado na Rúa do Curro, nº 4, coa inscrición: V CONCURSO FOTOGRÁFICO “SE EU PODO TI TAMÉN”.
Únicamente se admitirá un máximo de catro fotografías por participante.
Dentro do sobre deberán estar presentes tres elementos:
- A fotografía presentada a concurso.
- Un CD ou DVD que conteña a fotografía que se presenta.
- Instancia na que aparezan os seguintes datos do participante: nome e apelidos, número do documento de identidade, dirección e datos de contacto (teléfono e/ou correo electrónico) e título da fotografía.
-REQUISITOS TÉCNICOS
A medida máxima das fotografías será de 50x 70 cm e presentaranse en cartón pluma.
As imaxes presentadas en CD ou DVD deberán estar en formato JPG ou JPEG, cunha resolución superior a 2048 X1536 píxeles.
A técnica usada será libre, en branco e negro ou cor, e cos retoques que o autor/a estime necesarios para transmitir o obxectivo do concurso.
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS
O prazo de recepción das fotografías estará aberto ata as 14:00 horas do 5 de marzo de 2012.
- PREMIOS
Concederanse tres premios ás tres mellores fotografías:
1º premio dotado cunha cantidade de…………… 300 €.
2º premio dotado cunha cantidade de……………. 200 €
3º premio dotado cunha cantidade de…………… 100 €
*O contido completo das bases poderase consultar nos taboleiros de anuncios do Concello de Noia e no edificio onde se ubica o CIM
Pode que tamén lle interese:
- Literatura: certame de cartas de amor de Radio Fene. Bases
- Certame de relatos: do Liceo de Noia. 1.000 euros de premio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario