- A alcaldesa socialista quere nomear fillos predilectos da vila ao recentemente finado Domingos Dosil, nacionalista, xunto con outros tres alcaldes da época da ditadura
- A proposta ten que ser aprobada polos dous tercios da corporación para saír adiante, polo que dependerá do PSOE e PP.
Caridad González non é a primeira vez que as ten tesas cos do Bng pola memoria histórica. Véxase esta información
Muros, 14 de febreiro de 2012. O proceso só está iniciado, agora hai que constituir unha comisión que emitirá ditame e se este é favorable a proposta irá a pleno onde terá que recibir os votos favorables dos dous tercios da corporación como mínimo.
"Os nacionalistas non imos consentir tratar conxuntamente aos catro alcaldes, pois consideramos que a proposta feita pola alcaldesa socialista Caridad González para declarar fillos predilectos da vila de Muros aos alcaldes da vila durante a etapa franquista está totalmente fóra de lugar e ten como único propósito diluir e empañar a figura de Domigos Dosil", explican hoxe en nota de prensa dende a formación recentemente escindida. O Bng de Muros votará en contra da proposta da alcaldía tanto no seo da comisión como no pleno posterior se ha lugar.
Que se pronuncie a "familia socialista"
Os nacionalistas de Muros cuestiónanse: "Se a intención da alcaldesa é proclamar fillos predilectos da vila a todos os alcaldes de Muros, por que se limita aos tres da época franquista se anteriormente houbo outros alcaldes? Está claro que isto non é máis que unha homenaxe ao réxime franquista feito por unha alcaldesa socialista, algo que probablemente vulnera a lei da memoria histórica e sobre o que a “familia socialista” debería pronunciarse".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario