16.2.12

Ribeira: este venres 17, obradoiro de BicGalicia sobre espírito emprendedor para alumnos de FP do Coroso

  • O obxectivo principal do taller é facilitar o espertar da iniciativa emprendedora nos máis novos, para mellorar as súas posibilidades futuras de emprego e autoemprego
  • A iniciativa enmárcase dentro do Programa ACTUA, que desenvolven as consellerías de Economía e Industria e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que o curso pasado xa beneficiou a máis de 3.200 estudantes
Media_httpfarm5static_cbryj

Ribeira, 16 de febreiro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria continúa a promover o espírito emprendedor entre os máis novos para mellorar as súas posibilidades de emprego e autoemprego. Deste xeito, mañá venres se celebrará un novo taller de BicGalicia dirixido aos alumnos dos últimos cursos de ciclos de formación profesional do CIFP Coroso.

Con esta iniciativa, enmarcada no programa ACTÚA, fomentase o espírito emprendedor dos estudantes para mellorar as súas posibilidades de emprego e empresarialidade. O taller, impartido baixo o título “E logo que?”, permitirá aos asistentes, arredor de 30 alumnos dos ciclos de FP de Instalacións Electrotécnicas e Automoción, reflexionar sobre as súas perspectivas profesionais unha vez rematados os estudos.

Esta iniciativa enmárcase dentro dun plan de fomento do emprendemento denominado Eduemprende, que impulsa a Consellería de Economía e Industria, en colaboración coa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e no que se recollen varias accións que se desenvolven en centros de ensino de Galicia, baixo o programa ACTÚA, a través dunha serie seminarios de motivación e sensibilización a prol do emprendedurismo.

A través deste programa, durante o pasado curso 2010-11, Economía e Industria impartiu talleres nun total de 41 centros da Comunidade, dirixidos a 3.290 estudantes, maioritariamente de ciclos formativos de FP, buscando desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado e fomentar e difundir a cultura empresarial entre os máis novos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical