16.2.12

Ribeira: a policía local denuncia a dous veciños por levar o volume alto no coche, a outro por tirar lixo e a un cuarto por levar o can ceibe


Ribeira, 16 de febreiro de 2012.- O Concello informou hoxe de que "no que vai de ano, a Policía Local ten denunciadas distintas prácticas que alteran ou perturban a normal convivencia entre os cidadáns". 

Máis en concreto, dous cidadáns foron sancionados “por empregar equipos de reprodución sonora en vehículos cun nivel acústico causante dunha perturbación evitable”. Ambas incidencias producíronse na rúa Rosalía de Castro e, de acordo coa ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos e vibracións, esta práctica está sancionada con multas de entre 60,10 e 1.502,53 euros. 

Outro cidadán foi denunciado por botar desperdicios á vía pública (ocorreu na avenida do Malecón, diante da praza de abastos) o que segundo a ordenanza de limpeza pode ser multado con ata 30 euros. 

E por andar cun can ceibe no parque de Pedra Pateira abriuse un expediente sancionador a outro veciño, o que pode comportar unha multa de entre 30 e 300 euros. 

O Goberno Municipal desexa apelar á poboación a que na medida do posible preservemos entre todos os nosos espazos públicos como lugares de convivencia e civismo nos que poder desenvolver en liberdade os nosos dereitos.  

Hai que recordar que o Executivo está traballando nestes momentos na redacción dunha nova Ordenanza de Seguridade e Convivencia Cidadá sobre a base dun documento aprobado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Pode que tamén lle interese:


Entroido 2012: programación prevista


Viaxe á neve: do 24 ao 26 de febreiro. 135 euros. Anótate!


Gala do Deporte: é o 24 de febreiro. Xa se saben os candidatos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical