Boiro, 26 de marzo de 2012. Coa colaboración da Escola Popular Galega, a asociación xuvenil boirense Aturuxo! adicará a tarde do sábado 14 de abril -día en que foi proclamada a II República en 1931- a estudar a historia do independentismo galego. A área de historia da EPG prepara un pequeno seminario que repasará os feitos e procesos mais relevantes da historia do independentismo galego, destacando datos e feitos que por circunstancias diversas estiveron ocultas para o propio movemento, nalgúns casos, e para a opinión pública en xeral.
O curso comezará ás 17:30 da tarde no local social, e será ministrada por un membro da Escola, que disponibilizará os materiais elaborados sobre este tema. Para anotarse enviar correo electrónico a localsocialbarbanza@gmail.com ou no local social Aturuxo (r/principal nº118).
"estaba seguro de una cosa: el futuro de la República sólo podría ser resuelto con un gallego como presidente". Mimá! neixon.blogspot.com.es/2012/03/irman-…
— Certo (@Certo) March 26, 2012
Boiro: o recital Leñaverde é este xoves 29 de marzo, o día da Folga Xeral post.ly/6HiWd
— Certo (@Certo) March 26, 2012
"Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade"Castelao(Rianxo 1886 - Buenos aires 1950)
— seijas (@jseijas_cesures) March 25, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario