O secretario de Organización do Psoe galego, Pablo García, declarou hoxe que farán "todos os esforzos que sexan necesarios para manter un goberno de progreso en Muros”
- Nin chisca de autocrítica da alcaldesa Caridade González nin do Psoe na súa nota de prensa
Pablo García, en imaxe do Psoe na súa páxina web
García lembrou que “é imprescindible que as dúas formacións políticas nos poñamos de acordo para manter un goberno elixido lexitimamente na urnas” e lembrou que “nas pasadas eleccións municipais, celebradas en maio de 2011 o Partido Socialista foi o partido máis votado en Muros con 2282 e seis concelleiros”. Neste senso, o responsable de Organización do PSdeG reiterou que “os veciños de Muros nas últimas eleccións municipais apostaron claramente por un goberno socialista” .
Por isto, o secretario de Organización reiterou “a necesidade de solucionar as diferenzas que existen entre ambas formacións políticas para garantir que Muros e os seus veciños teñan un goberno estable e resolutivo”. En ningún momento fixo autocrítica polas últimas afrentas feitas ao Bng, como querer nomear fillo predilecto de Muros ao recentemente falecido Domingos Dosil xunto con tres alcaldes franquistas, así como outras diferenzas, debidas sobre todo ao xeito unipersoal de gobernar da alcaldesa socialista actual.
Antes, en Certo:
Política: o Bng rexeita que se faga fillos predilectos a tres alcaldes franquistas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario