A Pobra, 28 de marzo de 2012. O Centro Sociocomunitario do Benestar da Pobra do Caramiñal, coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, exerce como promotor dunha charla informativa aberta a todas as persoas que poidan estar interesadas en asistir, que leva por título: "Alimentación específica para persoas con alzhéimer e demencia senil".
O acto terá lugar na primeira planta do Centro Sociocomunitario pobrense da rúa Castelao, na sala de televisión, o vindeiro xoves 12 de abril ás 19:00 h., e contará coa nutricionista Raquel Pozo Goberna como conferenciante.
Trátase, con esta exposición, de sensibilizarnos a todos cos afectados por unhas doenzas que cada vez parecen máis arraigadas na sociedade e de facilitarlles unha situación que xa de por si resulta tan difícil.
Desde o departamento de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, convidan e animan a asistir ás persoas que poidan estar interesadas. Se alguén precisa máis información, pode requerila no número de teléfono 981832753.
- Solidariedade: buscan micromecenas para enfermidades raras. Comparte e difunde na Rede!
- Solidaridade: I Carreira Solidaria, por Paula, o 7 de abril
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario