Rianxo, 28 de marzo de 2012. O Concello de Rianxo vai realizar cursos de novas tecnoloxías para a busca e mellora de emprego nos vindeiros meses de abril, maio e xuño.
Estes cursos están subvencionados pola Deputación da Coruña e son dirixidos só a mulleres.
1. Iniciación á informática e a internet. 20h
2. Ofimática. 40h.
3.Redes Sociais para a busca de emprego e desenvolvemento profesional. 24h.
4. Iniciación de guía turística. 24 h.
Os cursos 1 e 2 van dirixidos concretamente a mulleres de entre 30 e 55 anos, o resto dos cursos non ten límite de idade.
Máis información e inscrición:
-Concello (Praza castelao s/n) Tlfn: 981860075
-Servizos Sociais Comunitarios (crta. de tanxil, 12) Tlfn: 981860061
Correo-e: igualdade@concelloderianxo.es
Antes, en Certo:
- Semana Santa: actividades relixiosas ata o 9 de abril
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario