- O prazo de inscrición vai dende o 23 de abril ao 14 de maio
- O curso realizarase entre o 21 de maio e o 4 de xuño
Será impartido no Edificio Administrativo, na imaxe
Noia, 19 de abril de 2012. A Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Noia a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o curso “ACTIVA-TE: FORMACIÓN PARA O EMPREGO”, unha continuidade do curso realizado o ano pasado para formarse no eido socio-sanitario, orientación laboral e habilidades sociais co obxetivo de facilitar a obtención de emprego a mulleres e homes inmigrantes do Concello de Noia.
Este curso está destinado ás mulleres e homes inmigrantes de Noia e impartirase dende o 21 de maio ao 4 de xuño, de luns a venres en horario de 17:30 a 20:30 horas, no edificio Administrativo, situado no Espíritu Santo (antigo matadeiro).
A inscrición realizarase dende o 23 abril ao 14 de maio no Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no edificio de Servizos Sociais, na rúa do curro nº2, 1º andar.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario