18.4.12

A Pobra: o Bng pide transparencia nas contratacións do Concello

17.04.12.-STDE. TRANSPARENCIA E OBXECTIVIDADE SELECCIÓN PERSOAL.doc Download this file


O escurantismo e nepotismo do goberno de Isaac Maceiras (á esquerda na imaxe) é denunciado de cote pola oposición, sen resultado algún


A Pobra, 18 de abril de 2012. O BNG presentou onte no rexistro do Concello un escrito e pronunciouse sobre a situación que se vén dando no Concello nos últimos anos respecto das contratacións de persoal, nomeadamente nos contratos temporais de verán.
 

"Diante das convocatorias de subvencións das distintas administracións para este ano 2012, que xa se están a producir, solicitámoslle á Alcaldía a transparencia e obxectividade nas contratacións que non tivo noutras ocasións, así como que se respecten e garantan os principios de igualdade, mérito e capacidade e que sexa riguroso, sobre todo neste momento económico e social, cos dereitos de todas e todos os cidadáns", explican os nacionalistas pobrenses.


Antes, en Certo:


Denuncia: nepotismo e enchufismo descarado, di o Psoe


Política na Pobra: prioridades que xa non lle importan ao alcalde

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical