19.4.12

Ribeira: "Flor de Toxo" organiza un monólogo de Cándido Pazó o sábado 5 de maio

Candido_paz_cartel_2

Ribeira, 19 de abril de 2012. O sábado 5 de maio, a partires das 22:30 horas, o Bar Brétema de Ribeira convertirase -disque- nun templo do humor. O polifacético Cándido Pazó deleitará co seu humor e garante que fará rir a esgall, a todas aquelas persoas que se pasen por alí.

O monólogo está organizado pola Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo que pretende montar de xeito anual un Ciclo de Monólogos en Galego. "Con esta actuación dáselle o disparo de saída e serve de proba para comprobar o apoio e éxito deste tipo de iniciativas", explican os organizadores.

O prezo da entrada é de 4€ e os socios da entidade poderán acceder gratuitamente. Os beneficios da actividade destínanse a sufragar as actividades e gastos de funcionamento da Asociación Flor de Toxo.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical