- Nas rúas Torreiro, Bandiarrego, Fontenova e unha transversal
- Supoñen estas obras un investimento de 121.000 euros
Ribeira, 18 de abril de 2012.- O Concello informou hoxe da posta en marcha dunha actuación dirixida á humanización e recuperación do casco histórico de Corrubedo e que afecta a catro rúas situadas nas inmediacións da área portuaria: trátase das rúas do Torreiro, Bandiarrego, Fonte Nova e transversal a Fonte Nova. En todas estas vías se está procedendo á pavimentación, saneamento e renovación de pluviais.
As devanditas rúas caracterízanse por posuír numerosas vivendas nas súas marxes e rexistran unha grande afluencia de peóns para acceder ás praias da zona (principalmente O Prado). O firme das rúas está formado por pavimento de formigón, bastante deteriorado nalgúns puntos. Non existe rede separativa, de tal xeito que as augas fecais e pluviais están canalizadas por un único colector.
Co fin de adecuar e humanizar a zona de actuación, estase a demoler o pavimento existente e colocar lousas de granito combinadas con adoquíns de granito abuxardado. Ademais, vanse dispor colectores de PVC compacto para residuos fecais e colectores de PVC corrugado para augas pluviais.
O orzamento desta actuación ascende a 121.038,90 euros e o prazo de execución é de 4 meses. A empresa Nemesio Ordóñez foi a adxudicataria da obra, que se enmarca dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos (POS 2011) da Deputación de A Coruña.
Ribeira: anuncian dous quilómetros máis de cemento en catro actuacións no borde marítimo is.gd/GzqsSk
— Certo (@Certo) April 17, 2012
Sanidade: a asociación SOS Sanidade Pública advertiu onte dos recortes e copagos que o PP anunciou hoxe is.gd/qdD7zi
— Certo (@Certo) April 18, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario