18.4.12

Ribeira: recepción aos participantes do "Free Minds, Open Hearts", que veñen de sete países distintos

 

 

Ribeira, 18 de abril de 2012.- O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, recibiu onte no salón de plenos do Consistorio aos alumnos e profesores de 8 centros escolares de secundaria e de educación preuniversitaria de 7 países que están a participar no proxecto Comenius Regio Free Minds, Open Hearts.

 

Con motivo desta iniciativa de colaboración europea, 51 alumnos e 23 profesores recalaron esta semana no municipio para desenvolver a reunión final do proxecto e, de paso, tomar parte en distintas actividades lúdico culturais na comarca e no seu entorno.

 

Olegario Sampedro como coordinador galego do proxecto; Ana Valdés como directora do IES Número 1; Anton Schicker como coordinador xeral en Munich; e o propio alcalde, sentáronse na mesa presidencial do salón, que estivo totalmente repleto polos docentes e escolares participantes no citado proxecto.

 

Estes procedían do Roberto-Bosch-Fachoberschule de Munich (Alemaña), os Instituto Albe Steiner de Italia, o CC de Noordgouw (Heerde, Holanda), o ISISS Pietro Giordani de Parma (Italia), a Escola Secundaria de Lousada (Portugal), o Can Anadolu Ticarte de Canakkake (Turquía) e o Zespol. S. Ponadgimnazjalnych Nr. I. Ozarow Mazowiecki de Polonia e o citado IES Número 1 local.

 

Ruiz Rivas felicitou aos centros participantes no proxecto Free Minds, Open Hearts e resaltou as cualidades pedagóxicas do mesmo. “Ter a mente libre de prexuízos é o que despois te posibilita coñecer e achegarte aos demais“, afirmou. O rexedor desexou aos visitantes unha grata estancia no municipio.

 

Anton Schicker agradeceu a invitación e manifestou a honra que supón para todos os integrantes no proxecto Comenius Regio poder terminar os traballos deste programa en Ribeira.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical