14.5.12

Dodro: o Psoe solicita que se lle informe ao xeito sobre o consorcio "Terras de Iria"

Media_httpfarm8static_affyh

Dodro tamén organiza con Padrón e Rois o da Xira Galega de Karts. Para que consorcios se unha fusión sería o ideal e lóxico?

Dodro, 14 de maio de 2012. O grupo municipal socialista de Dodro vén de presentar unha moción para o vindeiro pleno municipal relativa ao Consorcio Terras de Iria que están creando conxuntamente os concellos de Dodro, Rois e Padrón. Nela, o PSOE pide fixar un calendario de reunións nas que o grupo de goberno informe aos grupos da oposición dos trámites que se están seguindo e dos servizos que se queren mancomunar no citado Consorcio cuxa constitución, no seu día, avalaron co seu voto favorable no pleno.

Este grupo da oposición xa levou unha moción similar ao pasado pleno ordinario de marzo, a cal foi denegada polos votos en contra do PP, alegando que aínda se estaban elaborando os estatutos e que non había máis avances. Agora, o PSOE de Dodro cre que xa non se está nese punto, posto que, segundo as últimas información publicadas, estes tres concellos manteñen contactos coa Deputación e a Xunta para mancomunar o servizo de Protección Civil. Esta información coincide no tempo coa promoción dun campionato de pádel co nome de Terras de Iria (mesmo nome que o do consorcio) e organizado polos tres concellos en cuestión. Neste caso, o PSOE confía en que sexa aprobada a moción. "O contrario será considerado como negar á oposición a información e a participación no Consorcio Terras de Iria", rematan.

Tamén, en Dodro:


Letras Galegas: actos o 16 (libro) e o 24 (cine)


Kart: do 17 ao 20 de maio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical