14.5.12

Música: o ribeirense Amaro Sampedro, primeiro premio de saxofón na Mostra Musical do Eixo Atlántico

  • O certame tivo lugar esta fin de semana en Vilagarcía de Arousa

[[posterous-content:pid___0]]

Ribeira, 14 de maio de 2012.- Na pasada fin de semana tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a terceira edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, na que concorreron máis de 200 artistas noveis procedentes de toda Galicia e da zona norte de Portugal.  En representación do Concello de Ribeira, acudiron catro alumnos que están a cursar a súa formación no Conservatorio Profesional de Música de Riveira: Manuel Jesús Montero González (Piano – Grupo A), Amaro Sampedro López (Saxofón – Grupo C), Lois Pimentel Iglesias (Trompeta . Grupo B) e Michelle Pena González (Piano – Grupo B).

Scaramouche

Hai que salientar que o saxofonista Amaro Sampedro acadou o primeiro premio na súa categoría, coa interpretación da obra Scaramouche de Darius Milhaud, acompañado ao piano polo profesor do Conservatorio ribeirense Luís Ignacio Blanco Picos.

Acompañando en todo momento ao novos intérpretes (e compartindo os seus nervios e alegrías) estivo o director do centro musical ribeirense dependente da Concellería de Educación, Álvaro López González, ademais dos mestres tutores Juan Carlos Ledo González, Teresa Lojo Cores e o mentado Luis Ignacio Blanco Picos.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical