- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe, nunha visita ao concello a posta en marcha desta nova infraestrutura pola que levan agardando no veciño Concello de Noia catro anos
- Mato só concede garderías a municipios onde goberna o PP nestas bisbarras (Ribeira e A Pobra teñen comprometida cadansúa)
- A reforma da casa do mar conta cun orzamento de 410.000 euros e o que se pretende é que o centro de 0-3 anos se emprace na planta baixa con acceso independente ao club de xubilados que permanecería no primeiro andar
O edificio "multiusos" onde se pretende poñer a gardería e que pasaría a ser edificio interxeneracional, pois estará pegado ao club de xubilados
Porto do Son, 15 de maio de 2012.- A primeira "escola pública para nenos e nenas de 0-3 anos" de Porto do Son porase en marcha antes de que remate 2013, segundo anunciou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no transcurso dunha visita que desenvolveu a este concello. Avanzou que a Xunta ten previsto rehabilitar a Casa do Mar para dotar a esta localidade do seu desta infraestrutura social que contará con 41 prazas públicas distribuídas en tres unidades. Esta reforma ten un orzamento de 410.000 euros.
En concreto, a titular de Benestar explicou que a actuación prevista, que conta cun informe de viabilidade positivo da Secretaria Xeral Técnica da Consellería, propón que a escola ocupe a planta baixa da Casa do Mar, que se ubica no centro do núcleo urbano. As novas instalacións contarían cun acceso independente, mentres que o club de xubilados permanecería no primeiro andar e disporía dun novo acceso.Xa en plena precampaña das autonómicas, e coa polémica xurdida tralas últimas privatizacións de garderías en varios concellos de Galicia, a conselleira destacou que con esta actuación "demóstrase que o Goberno galego segue a apostar pola construción de escolas infantís, xa que son un recurso esencial para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Trátase dun dos ámbitos sobre os que estamos a incidir para facer fronte ao problema demográfico, tal e como se recolle no Plan para a Dinamización Demográfica de Galicia, que entregamos xa no Parlamento”, apuntou Mato.A responsable de Benestar explicou, ademais, que o Goberno galego incrementou as prazas públicas de 0-3 anos na provincia da Coruña nun 61 por cento con respecto a 2009, é dicir, puxo en marcha máis de 1.100 prazas en tres anos. En toda Galicia, este aumento é do 44 por cento, polo que desde 2009 puxéronse en funcionamento máis de 2.400 prazas na Comunidade autónoma, sempre segundo as extrapolacións da Xunta actual.Para concluír, Mato garantiu que a Xunta "seguirá a traballar nesta liña de actuación co obxectivo de mellorar o benestar das familias galegas. E imos continuar facéndoo sempre da man do diálogo e a colaboración cos concellos”, destacou.Lería estes datos Beatriz Mato antes de intentar facer medrar a poboación galega? A que se lle pasaron! noticias.lainformacion.com/economia-negoc… É a economía!
— Certo (@Certo) May 14, 2012
Galicia podría llegar al 2051 con un millón menos de personas: bit.ly/L0nxw5 Un drama sin políticas ni políticos con ideas
— frmartinez (@frmartinezh) May 14, 2012
EN CADA CONSEJO DE MINISTROS CADA UNO DE ELLOS PROPONE ALGO O ALGUIEN AL QUE ECHARLE LA CULPA DE TODO. VOTAN. DESPUÉS SE ANUNCIA Y YA ESTÁ.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) May 14, 2012
youtu.be/kWomwZUSz8c #17vitaminas @vitaminasgalego Dende o máis fondo de Galicia, a Cova do Rei Cintolo, piden Vitaminas para o galego
— Certo (@Certo) May 14, 2012
Solo una intervención judicial de Bankia permitirá conocer de verdad cómo financiaron al PP. #CierraBankia #Vigilia13M #14Mmad
— Bufet Almeida (@bufetalmeida) May 14, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario