Venres 18 de maio
ANIMACIÓN Á LECTURA NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL
No marco do Programa Letras Vivas da Rede de Bibliotecas de Galicia van desenvolverse na Biblioteca Pública Municipal dúas propostas diferentes:
- RECITAL DIDÁCTICO. TODAS AS NOSAS LETRAS. ELVIRA RIVEIRO TOBÍO venres 18 de maio, 20.30 h, dirixido ao público adulto
Elvira Riveiro realizará un percorrido lírico de 1963 a 2012, conmemorando os 50 anos do Día das Letras Galegas a través de diferentes poetas homenaxeados/as.
Sábado 19 maio 2012
O próximo sábado día 19 de maio, ás 12.30 h, terá lugar no Salón de Plenos da casa do concello un Acto Institucional con motivo das Letras Galegas en homenaxe a VALENTÍN PAZ ANDRADE, coa participación de Xosé Luís Axeitos e Alfonso Paz Andrade.
GALEGO DE CINE: proxección de curtas de animación e obradoiro de dinamización
Dentro do programa de Dinamización Lingüística falaRedes chega a Rianxo o sábado 19 de maio pola tarde, na Praza Castelao, a proposta Galego de Cine que desenvolverá dúas actividades:
- Proxección de curtas de animación en galego
- Obradoiro de dinamización
- PROXECCIÓN DE CURTAS EN GALEGO
Na Praza Castelao, dende as 18.00 h, aproximadamente, ata as 20.00 h, os nenos e nenas poderán visionar curtas de animación en galego nunha caravana.
- OBRADOIRO DE DINAMIZACIÓN
Actividade destinada a 20 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a traves dos cales chegarán a construír o seu propio conto. Tamén se fará un vídeo maratón que lles permitirá gravar o contos inventado durante o desenvolvemento da actividade.
As prazas son limitadas e a inscrición realizarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo ata o 18 de maio.
Para máis información poden consultar o seguinte enlace.
- TEATRO DE AUTOR. COÑECE A ROSALÍA DE CASTRO sábado 19 de maio, 12.00 h, dirixido ao público familiar
Unha actriz profesional no papel da nosa escritora fará que os participantes coñezan unha Rosalía que ri, que xoga, que soña, que canta a Galicia. Unha Rosalía que nos leva a un mundo cheo de palabras, de poemas e risas mediante diferentes xogos de creación literaria. Un xeito divertido e moi participativo de achegar a nosa literatura aos máis novos.
Relacionada:
Cultura: Rianxo, Noia e Rois teñen cita para "Coñeces a Valentín?" esta semana
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario