- Máis de 200 traballos presentados nesta vixésima edición
- Nenas e nenos de Primaria recolleron os seus premios no auditorio
- Case 300 rapaces asistiron ao espectáculo "Peter Punk e o neno imperdible"
[[posterous-content:pid___0]] Ribeira, 15 de maio de 2012.- O Auditorio Municipal foi escenario da tradicional entrega de premios do Certame Literario que, con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas e dentro do Maio Cultural, organizou o Concello, despois de que case 300 rapaces disfrutaran do divertidísimo espectáculo que ofreceu “Peter Punk e o neno imperdible”.
Para asistir a esta dobre función, o salón de actos estivo outra semana máis absolutamente abarrotado por nenos e nenas que nesta ocasión procedían de Educación Primaria dos colexios Frións, Aguiño, A Milagrosa de Oleiros e Galaxia, ademais dos centros das asociacións Ambar e Amicos.
[[posterous-content:pid___1]]Este ano, participaron no XX Certame Literario os catro colexios anteditos máis o CEIP de Palmeira, centro que non asistiu ao acto do Auditorio (os premios colleitados seranlle entregados ao colexio). En total, presentáronse 221 traballos por parte de 190 participantes, que aspiraban a algunha das tres categorías convocadas: prosa, verso e banda deseñada.
[[posterous-content:pid___2]]Os gañadores deste ano foran os seguintes:
Modalidade: PROSA Categoría: (A) 7 a 10 anos
TÍTULO SEUDONIMO AUTOR COLEXIO
“Un muro Misterioso” | Iloa | INÉS LÓPEZ ASOREY | CEIP PALMEIRA |
“¡Qué difícil é ser rato!” | Cedofi | CELIA DOMÍNGUEZ FIGUEIRA | CEIP PALMEIRA |
“A bruxa e o can” | Rosas | PALOMA RIVERA CALLÓN | Colexio GALAXIA |
Modalidade: PROSA Categoría: (B) 10 a 13 anos
“O amor a un pai” | Filla dos Mares | LAURA MARTÍNEZ AYASO | Colexio A MILAGROSA |
“Dentro de 3.000 anos” | Delmu | DELIA MUÑIZ PIÑEIRO | CEIP PALMEIRA |
“A radio” | Grundig | ALEJANDRO ÁLVAREZ VIDAL | Colexio GALAXIA |
Modalidade: POESÍA Categoría: (A) 7 a 10 anos
“Conto Vello” | Cuentista | ALBA BRETAL OLVEIRA | Colexio A MILAGROSA |
“O ursiño mimoso” | Casagón | CATALINA SANTIAGO GONÇALVES | CEIP PALMEIRA |
“Gústame traballar” | Steve | PABLO PÉREZ MONTAOS | CEIP AGUIÑO |
Modalidade: POESÍA Categoría: (B) 10 a 13 anos
“Os libros” | Contos | SERGIO VILA MARTÍNEZ | Colexio A MILAGROSA |
“A bicicleta” | Irore | IRIA RODRÍGUEZ REGADES | CEIP PALMEIRA |
“O amor” | A panteira | SILVIA B. PIÑEIRO MARTÍNEZ | Colexio GALAXIA |
Modalidade: COMIC Categoría: (A) 7 a 10 anos
“¡Halloween, qué medo!” | Josaca | JOSÉ SANLÉS CADAVAL | CEIP PALMEIRA
|
“Un mar cheo de sorpresas” | Lupi | SARA MUÑIZ FUNGUEIRIÑO | Colexio GALAXIA
|
“O animal perdido” | La doña animal | VERA XOANA RIVAS SAN JOSÉ | CEIP PLURILINGÜE DE FRIÓNS |
Modalidade: COMIC Categoría: (B) 10 a 13 anos
“Un home que se volveu puro” | Turbonécora | FERNANDO CAMEÁN MARTÍS | Colexio A MILAGROSA |
“Regreso ao futuro” | Futurama | ERIKA IGLESIAS MARTINEZ | Colexio GALAXIA |
“Susto no cementerio” | Febua | ALBA FERNÁNDEZ BUSTELO | CEIP PALMEIRA |
Ademais, o xurado considerou oportuno por unanimidade outorgar un premio especial aos seguintes participantes, destacando o seu esforzo e dedicación:
Martina Osorio González PROSA B “A pluma máxica” e “O castelo sen dono”
CEIP PALMEIRA POESÍAB “O mar”, “O ceo” e “O meu patín”
(Seis traballos presentados) COMIC B “O castelo sen dono Andrea vai á tenda”
Alejandro Santos Vizcaya PROSA B “O lobo vermellopotamia” e “O vendedor do mes”
CEIP PALMEIRA POESÍAB “O campión”
(Catro traballos presentados) COMIC B “Xoán e Ana casánse”
AULA DE SEXTO DE PRIMARIA PROSA B (23 traballos)
CEIP DE AGUIÑO POESÍA B (15 traballos)
(57 traballos presentados de 23 alumnos/as) COMIC B (19 traballos)
Rematada a entrega de premios que presentou o traballador de Cultura Unai González, a tenente de alcalde Dolores Elorduy dirixiuse aos rapaces para felicitalos pola súa participación activa neste Certame Literario e animalos a que sigan escribindo como un camiño que redundará nunha mellor formación como seres humanos. Tamén participaron na entrega os edís Elvira Pisos e Maricarmen Vizcaya, que foron as presidentas do xurado encargado de dirimir os galardoados.
O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras #17Mqueremosgalego Ribeira: o venres 18 de maio presentan no Ateneo Valle-Inclán o libro de Emilio Alonso "Vigo a 80" post.ly/72YKp Un bestseller galego Convencernos que participar en política es mucho más que meter un papel en una urna cada cuatro años #es15M Bos días! Biblioteca Dixital da Galeguidade. 12 obras de balde. En galego só tres. Dirixida á diáspora? Consúltena en emigracion.xunta.es/e-biblioteca
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario