14.5.12

Ribeira: presentada a IX Carreira Virxe da Guía, que se celebra este xoves 17

Foto_presentacion_carreira

  • 5.200 metros
  • Forma parte do Circuito de Carreiras Populares de Ribeira

Ribeira, 14 de maio de 2012. A Presidenta da Asociación de Veciños de Carreira, Marivén Sampedro, e Abraham Benítez, organizador da proba, presentaron ós veciños a IX Carreira Virxe da Guía, que se disputará na data na que adoita celebrarse, este xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 11:00 horas. A proba, coorganizada tamén pola Cofradía da Dorna, Centro Recreativo de Artes e Concello de Ribeira, conta coa colaboración de varias empresas locais. Homenaxea, como cada ano a un coñecido atleta destas terras (Nespereira ou Ramón Folgar, xa o recibiron en anos previos). Neste caso rendirase un cálido recordo a Juan Vidal Pérez, atleta local finado fai uns anos en tráxico accidente.


As inscricións dos atletas a partir de 13 anos deberán realizarse antes do luns, día 14, ás 14:00 horas, a través da web www.championchipnorte.com , mentras que os menores desa edade poderán facelo na web www.virxedaguia.org. Precisamente entre estes menores de 12 anos, sortearanse dúas bicicletas, á parte da entrega de trofeos e medallas para os gañadores das distintas categorías.


A organización espera unha abundante participación ó tratarse dunha carreira curta, de tan solo 5.200 metros, que discorren por lugares de Carreira e de Aguiño.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical