- O goberno galego respondeu ás preguntas do deputado socialista José Manuel Lage sobre a aparición de trampas ilegais na Serra do Barbanza
- O socialista alerta de posibles delitos ambientais e considera necesario impedir este tipo de prácticas, que prexudican ao lobo e a toda a fauna sen distincións
Foto de Axena, asociación que denuncia estas prácticas e que xa vai polo capítulo XXII na súa serie sobre este problema no Barbanza: http://blogueiros.axena.org
Barbanza, 12 de xuño de 2012. O deputado do PSdeG Lage Tuñas levou o asunto ao parlamento presentando varias preguntas e interpelacións ao goberno galego para “que explique que medidas teñen adoptado, xa que estamos diante de accións que se estenden polo conxunto da Serra do Barbanza e as prácticas ilegais deben ser combatidas, e os infractores perseguidos”.
O parlamentario socialista afirma que “o goberno galego debe apoiar aos gandeiros do barbanza que fai un ano denunciaron a perda de 200 cabezas de gando sen que a Xunta tivese unha áxil resposta diante das protestas polas importantes pérdidas deste sector. Hai que facer compatible o apoio aos gandeiros e a protección da especie autóctona do lobo ibérico, un reto a facer compatible con concertación, acordos e legalidade e perseguindo a aqueles que se adican a colocar trampas ilegais de carácter mortal para a fauna da serra barbanzana.”
“Terá a Xunta de Galicia que tomar medidas inmediatas para poñer fin tamén a este tipo de prácticas alleas aos conductos oficiais e aos acordos alcanzados entre os diferentes colectivos como cazadores, gandeiros e comuneiros”, remata José Manuel Lage.
Asesinos de lobos en el Barbanza (XXII): el plan de acción europeo (II) blogueiros.axena.org/2012/06/12/ase… Ou como a Xunta de Galicia pasa de todo!
— Certo (@Certo) June 12, 2012
Fumigacións: con Cascade erradican a praga por un ano e a empresa líbrase do stock antes da prohibición blogueiros.axena.org/2012/06/11/fum…Todo x cartos!
— Certo (@Certo) June 12, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario