20.6.12

Noia: este venres 22, acto público do Bng sobre as "participacións preferentes"

Noia_preferentes

Noia, 20 de xuño de 2012. Este venres día 22 de xuño, a partir das 20:30 horas, o BNG vai a realizar un acto público explicativo sobre a cuestión das “participacións preferentes”. O acto realizarase no Edificio Administrativo do Espirito Santo,  será presentado por Ánxela Franco e nel intervirá o deputado no Parlamento Galego, Henrique Vieitez.

    Segundo explican os organizadores, as denominadas “participacións preferentes” son un producto de investimento financieiro moi complexo e con risco elevado. Trátase de valores que non garanten liquidez inmediata e para os que non existe respaldo sobre o capital investido, onde o consumidor pode sofrer perdas.

    Agora sábese que a colocación masiva deste producto financieiro tivo como obxetivo a miles de clientes particulares, non familiarizados cos investimentos financieiros, que non eran informados debidamente das características destes productos nin tampouco dos seus riscos, e en especial da escasa ou nula liquidez, así como da perpetuidade do mesmos.

    A pesar de que a Comisión do Mercado de Valores xa advirtira no ano 2009, que se trataba dun producto financieiro non idóneo para a súa colocación no tramo comerciante polo miudo entre os pequenos e medianos aforradores, máis acostumados a rentabilizar os seus aforros coa contratación de depósitos bancarios ou investimentos simples a determinado prazo fixo, as entidades financieras, nomeadamente as Caixas de Aforro, seguiron coa súa campaña de captación de fondos ate meter nela a miles de galegos e galegas.

    "O BNG está a desenvolver, nos últimos meses, unha intensa campaña, tanto informativa como de presentación de iniciativas nos distintos niveis institucionais (Cortes Xerais, Parlamento Galego, Deputacións e Concellos), a fin de que tanto a Xunta de Galiza como o Goberno do Estado adopten medidas efectivas de protección dos clientes que investiron os seus aforros nesos instrumentos financieiros, co obxetivo de que os podan recuperar no prazo de tempo máis breve posíbel. A maiores estamos a instar á Xunta de Galiza para que exerza as potestades que ostenta sobre Novagalicia Banco para que os miles de compradores das “participacións preferentes” das extintas Caixas de Aforro, podan recuperar de xeito inmediato o investimento realizado", rematan dende o Bng noiés.

Tamén, en Noia:


 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical