- Manle está na parroquia de Santa Cristina de Barro
Noia, 1 de xuño de 2012. A Concellería de Urbanismo noiesa, que dirixe o nacionalista Bieito González, vén de remitir á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental o “Plan Especial de Dotacións en Manle”, a fin de que a mesma dictamine sobre a necesidade ou non da emisión do informe de avaliación ambiental estratéxica, ao que en xeral están obrigados a someterse determinados plans urbanísticos ou outros intrumentos de ordenación do territorio, antes da súa aprobación inicial por parte da Xunta de Goberno Local.
Ao comezo do presente mandato municipal, desde a mesma Concellería, promoveuse unha modificación puntual do planeamento urbanístico en vigor, que tiña como obxeto habilitar unha parcela de titularidade municipal no lugar de Manle, a fin de que a mesma tivera a consideración de solo dotacional onde poder construír no futuro o local social que a veciñanza do lugar demanda. Tal modificación puntual non chegou a termo, xa que a actual Lei do Solo impide a transformación direta do solo rústico en calquera das outras categorías de solo existente, establecendo outros mecanismos para que tal transformación sexa posible, como é a obrigatoriedade da redacción do Plan Especial en cuestión.
Case 9.000 euros en expropiacións
O citado “Plan Especial de Dotacións”, ten como finalidade a mesma que perseguía a mentada modificación puntual, tratando de preparar a parcela en cuestión para o seu uso como dotacional, e que permita a construción dun futuro local social. A parcela agora delimitada conta cunha superficie de 3.030 metros cadrados, sendo froito da agregación de tres (a municipal de 2.215 m2 e dúas particulares de 815 m2). O valor da expropiación das parcelas de titularidade privada ascenderá a 8.557,50 euros.
Antes, en Certo, tamén publicamos isto sobre Noia:
Deportistas de Elite: cada venres no Liceo ata o 15 de xuño
Cambios no tráfico: polas obras de saneamento
Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas
Curso: o 2 de xuño, sobre úlceras por presión
Liceo: Darío Álvarez expón o xoves 31 e hai teatro o domingo 3
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario