A voceira do grupo socialista, Teresa García Guillán insta ao alcalde "a que colgue as fotos do río Morto contaminado en dito portal e ofreza ao mundo a súa incompetencia na defensa do medio ambiente. Nesta alcaldía semella imposible que se faga un control das verteduras industriais para afrontar dun xeito decidido un mal endémico que vén padecendo dende fai moitos anos o noso concello. Os veciños da Pobra do Caramiñal estamos sufrindo un ataque permanente á saúde dos nosos ríos e da ría de Arousa pola pasividade do goberno municipal, o que ten consecuencias nocivas para a poboación".
Como se pode comprobar en noticias anteriores neste xornal, as verteduras ao Río Morto son continuadas, non se trata dunha cuestión puntual, senón que se teñen detectado todo tipo de produtos químicos ameazando permanentemente a saúde ambiental do río Morto. "Os responsables municipais deben traballar para facer compatible o desenvolvemento económico, a través das industrias asentadas na zona, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental", finaliza o Psoe, que denunciou de novo estes feitos ante as autoridades.
Un portal ambiental xeneralista en castelán
O Concello da Pobra, nunha discreta cuadrícula mal ligada -apunta a lineaverdeapobra.org cando o dominio é lineaverdeapobra.com- ao fondo do seu web oficial http://www.apobra.org anuncia a súa Línea Verde, un portal onde hai que rexistrarse para obter os servizos que promete:
"La Línea Verde es una iniciativa del Ayuntamiento de A Pobra do Caramiñal para proporcionar un servicio de consultas medioambientales para las empresas y los ciudadanos del municipio. Un grupo de expertos se pondrán en contacto con usted en un plazo máximo de 24 horas de manera personalizada, contrastada y fiable, sin coste alguno para la ciudadanía y las empresas. Cubre diversos ámbitos en materia ambiental: legislación, trámites administrativos, noticias, eventos de interés, ayudas y subvenciones, etc".
Nin unha liña adicada ao Concello propiamente dito, á parte das xa incluídas na web deste (horarios de Punto Limpo e información turística) e tampouco a ningún dos problemas medioambientais que denuncia Adega ou a oposición continuamente.
Relacionadas:
Xunqueiras: o Bng denuncia os entullos sen controlar na zona
Política: o Psoe pide saneamento na Ribeiriña
Verteduras industriais: o Bng leva o problema ao Parlamento Galego
Pleno: preguntas do Bng sobre verteduras
Medio Ambiente: o Bng denuncia de novo verteduras industriais na depuradora local
Río Morto: segue a feder, segue contaminado, denuncian veciños da Devesa
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario