-
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aínda vén de adxudicar esta actuación ambiental por máis de 250.000 euros
-
As obras a executar consistirán basicamente na colocación das instalacións xerais, unha caseta de oficina e recepción, almacén de residuos especiais e colectores. O concello debe asumir a súa explotación, mantemento e conservación
Nebra é a parroquia máis grande de Porto do Son e a única sen casa da cultura Porto do Son, 2 de xuño de 2012.- As obras do punto limpo do concello de Porto do Son comezarán este verán, despois de que a Xunta adxudicara este contrato de obra pública por 258.748 euros á empresa Movex Vial S.L. Esta actuación ambiental será realidade este mesmo ano (ou iso di a Xunta, que adoita errar na maioría dos cálculos de infraestruturas nesta bisbarra, como se está a ver coa variante noiesa, por exemplo). Din que a obra vaise executar en pouco menos de tres meses mais xa debía estar feita, pois saíu a licitación en decembro do ano pasado e xa pasaron seis meses.
Esta actuación atópase a medio camiño entre Portosín e Porto do Son, na zona chamada Agra de Bustelo, na antiga estrada de Cans, na parroquia de Nebra. O punto limpo é un recinto preparado para que que os cidadáns poidan depositar neles os residuos para os que é precisa unha xestión específica, polo seu tamaño ou pola súa composición.
Os obxectivos principais desta instalación son recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, evitar a vertedura incontrolada de entullos e voluminosos e separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente.
As accións fundamentais centraranse na disposición das instalacións xerais, casetas e almacén, colectores e sinalización. Tamén se executará un peche da canteira, un peche perimetral e unha porta de acceso. O proxecto tamén considera a urbanización e o axardinamento do contorno.
Antes, en Certo:
13 de decembro de 2011: licitado o punto limpo de Nebra
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario