2.6.12

Ribeira: Proposta de sanción ao portavoz da plataforma pola Sanidade Pública de Barbanza

Ribeira, 2 de xuño de 2012. A plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza quere denunciar que onte, venres 1 de xuño, mentras realizaba unha caravana de coches invitando á cidadanía a participar na manifestación de mañá domingo, 3 de xuño, en contra dos recortes en sanidade e en defensa da sanidade pública, o portavoz da mesma foi requerido pola policía municipal de Ribeira para entregar a sua documentación e teléfono para propoñer unha sanción por utilizar a bocina dun altofalante.

"Dende a Plataforma denunciamos que se intente coartar a libertade da cidadanía en actos reinvindicativos dos nosos dereitos, mentras que esos mesmos actos son permitidos e aplaudidos cando se utilizan para celebrar o ascenso dun equipo de fútbol ou a consecución de calquera título deportivo".

Antes, en Certo:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical