Ribeira, 12 de xuño de 2012. A Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo organiza o I CICLO DE RETRANCA DA RÍA, que pretenden se convirta "nunha actividade anual na que os maiores representantes do humor, do conto e da retranca se acheguen ata a nosa comarca". O venres 22 xuño comeza coa actuación do famoso actor Evaristo Calvo, que chegará cun monólogo titulado " O turista Madrileño", ás 22:30 no Bar Brétema (Ribeira). Entradas á venda dende o día 14 de xuño no bar Brétema, tamén se poden adquirir o día da actuación, pero tede coidado que HAI AFORO LIMITADO. Prezo da entrada: 4 euros. Socios gratis.
Nos meses de setembro e outubro o ciclo contará coas actuacións de Quico Cadaval, Carlos Blanco e algún monologuista máis por concretar.
Nos meses de setembro e outubro o ciclo contará coas actuacións de Quico Cadaval, Carlos Blanco e algún monologuista máis por concretar.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario