20.6.12

Sanidade: O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra a privatización da saúde

  • A Plataforma pola Sanidade Pública tilda de "antidemocrático e autoritario" ao Partido Popular e augura serias consecuencias electorais por estes feitos


Imaxe dunha das mobilizacións no Barbanza

Barbanza-Noia, 20 de xuño de 2012. O Grupo Popular do Parlamento de Galicia utilizou a súa maioría absoluta para vetar o debate no Parlamento de Galicia da Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública contra a privatización dos centros sanitarios e a favor da xestión pública dos mesmos e da potenciación da Atención Primaria (en situación de precariedade incompatible co funcionamento racional e eficiente do sistema sanitario).

A Iniciativa Lexislativa Popular reuniu todos os requisitos legais esixidos polo Parlamento e a Comisión Electoral para a súa presentación e trámite e reuniu máis de 45 firmas perfectamente acreditadas en apoio da mesma.

 

Segundo a Plataforma pola Sanidade Pública, esta decisión mostra:

- O talante antidemocrático e autoritario do Partido Popular, que se atreve a bloquear un mecanismo de participación social recoñecido e regulado pola Constitución Española e polo ordenamento xurídico galego.

- O temor a que a cidadanía coñeza o proceso de privatización e deterioro da sanidade pública galega perpetrado polo Goberno da Xunta de Galicia polas serias consecuencias electorais que pode ter para o PP.

A Asociación Galega para a Defensa da  Sanidade Pública esixe ao Grupo Popular que acepte o debate democrático da Iniciativa no Parlamento e retire o veto á tramitación da mesma. Doutro xeito, Plataforma convocará á cidadanía galega a amosar a súa repulsa a un comportamento tan prepotente e antidemocrático.

"É perigoso para a convivencia  desprezar a vontade e o esforzo de miles de galegos que exerceron o seu dereito democrático a expresarse e a presentar as súas propostas ao Parlamento da súa Comunidade Autónoma para o seu debate e posible aprobació", rematan os da Plataforma pola Sanidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical