19.7.12

Dodro: os nacionalistas presentan unha moción de apoio ao ensino público local

mocion apoio ensino publicoDODRO.pdf Download this file

Dodro, 19 de xullo de 2012. As/os concelleira/os que representan ao Colectivo Nacionalista por Dodro, preocupados polos recortes no ensino público e sobre todo como este afectan a un concello rural como é o de Dodro, presentaron unha moción no pleno ordinario do mes de xullo que se debatirá mañá para buscar o apoio de toda a corporación.

"Consideramos que este é un tema de interese para a totalidade da poboación do noso concello, e tendo en conta que o noso colexio
ten grandes logros que atribuirse merece o apoio sen fendas de
toda a corporación. Exemplos destes logros excepcionais son:
- as promocións que pasaron polo noso cole teñen unha número de
diplomaturas e licenciaturas superior á media
- a mesma gañadora do último premio Xerais de literatura (María Lourenzo) formouse aquí,
- saíron dous grupos musicais xestados e formados tamén no
propio cole ( ademais doutros solistas),
- elaboraran produtos audiovisuais merecedores de premios,
últimamente o corto "Goteira pública"

Por estes e por outros moitos motivos consideramos que temos
un cole de primeira e que merece todo o apoio, e o concello pode
contribuir a facer públicos os seus méritos, así como defendelo
ante calquera outra administración da posiblidade de recortar os
seus recursos e servizos. Isto é básico para a igualdade de
oportunidades de nenas e nenos que se crían no rural, para a súa
formación e para a nosa autoestima como pobo", explican.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical