- Dentro dunha xornada de sensibilización sobre o coidado do patrimonio ambiental deste municipio
- Tamén se achegaron ao parque natural
Ribeira: ata este domingo 22, "Mergúllate no Océano", divulgación marina na praza do Concello post.ly/8OrYs
— Certo (@Certo) July 19, 2012
Ribeira.- 19 de xullo de 2012.- No día de hoxe un total de 61 nenos e nenas de Ribeira está a participar nunha excursión que inclúe a visita a lugares tan atractivos e importantes ambientalmente como os muíños do río Amendo en Carreira, o Parque Natural e o Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA) que se sitúa nesta área protexida, na zona próxima ao areal do Vilar.
Esta denominada “Ruta dos muíños” forma parte do primeiro itinerario da VIII Xornada de Sensibilización á Poboación Infantil ‘Arte, Paisaxe e Etnografía’. Os pequenos de entre 5 e 13 anos aprenderon alí a facer pan de millo e tiveron a oportunidade de ver un muíño en funcionamento, comprendendo deste modo o proceso de elaboración da fariña. Ademais, realizaron diferentes actividades deportivas e participaron en moitos xogos que se están a prolongar nestes momentos nas inmediacións do CIELGA.
O obxectivo da iniciativa foi potenciar o coñecemento do patrimonio cultural e histórico de Ribeira, así como os elementos paisaxísticos propios da zona, fomentando o seu coidado e respecto.
Entre os 61 rapaces asistentes figuran alumnos do “Camp of cultural summer” e do “Xoga con Nós”, ademais doutros nenos que a título individual quixeron sumarse á iniciativa organizada pola Concellería de Cultura de Ribeira e que forma parte da súa programación do Verán Cultural.
Ribeira: a conselleira de Mar estivo clausurando o curso sobre cultura marítima post.ly/8Ota2
— Certo (@Certo) July 19, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario