Rianxo, 11 de xullo de 2012. O título desta obra de teatro semella tirado da máis recente actualidade (ladrón do Códice e ladróns dentro dos bancos e das institucións do Estado), pero xa estaba meditado de antes. As representacións da obra "Non hai ladrón que por ben non veña", que a Agrupación Teatral Criaturas, de Rianxo, en colaboración co IES "Félix Muriel" e a asociación cultural Fogo Fatuo, desenvolverán nas distintas parroquias do concello, no marco do Verán Cultural 2012, que organiza a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística, quedan deste xeito:
- Mércores 11 de xullo – 21.30 h // Taragoña – Campo de Pazos
- Xoves 12 de xullo– 21.30 h // Araño – Pista Polideportiva de A Capela
- Venres 13 de xullo – 21.30 h // Asados – Praza Manuel Antonio
- Mércores 18 de xullo– 21.30 h // Isorna - Quintáns (xunto á escola)
- Xoves 19 de xullo – 21.30 h // Leiro – Pista Polideportiva de Rañó
- Venres 20 de xullo – 21.30 h // Rianxo – Praza Rafael Dieste
En caso de choiva, as representacións vanse trasladar aos centros culturais ou espazos de interior de costume:
- Taragoña: Centro Cultural de Taragoña
- Araño: Centro Sociocultural do Araño
- Asados: Centro Cultural "Simón Varela"
- Isorna: Escola de Quintáns
- Leiro: Centro Cultural "Vicente Vidal" de Leiro
- Rianxo: Auditorio de Rianxo
- "Presidente por accidente. Notas entomolóxicas", por Javier Ferreirós
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario