- Xa vén aí a Dorna! O 20, 21, 22, 23, 24 e 28 de xullo
- Anotáronse catro peñas novas que serán correspondentemente examinadas e tamén máis grupos locais ao "Rock&Dorna do país"
Indignados? 15M? Mineiros? Non! Festa da Dorna 2011
Ribeira, 11 de xullo de 2012. O pasado sábado, 7 de Xullo, a R. e I. Cofradía da Dorna convocou a cuarta e derradeira asemblea de peñas de cara á celebración da LXIV Sinjladura da Festa da Dorna, que este ano se celebrará nos dias 20, 21, 22, 23, 24 e 28 de Xullo. Este último día celebrarase un ano máis o "Baile de Jala" no Círculo Mercantil, un baile amenizado polo Duo Yesterday e ao que poderá asistir todo o mundo que cumpla un único e imprescindible requisito: ir de jala como o nome do baile indica.
A Festa da Dorna reivindica valores como a amizade e o tocacuismo, tan destrajados nestes días Nesta asemblea, entre outras cousas, repartíronse os xogos e as actividades que se viñan facendo estos últimos anos. Apuntáronse actividades novas, adxudicáronse os "chirinjitos dorneiros" e os turnos no "Juateque Dorneiro": nesta última actividade agradeceríase algo máis de colaboración de todos os interesados, sexan peñas ou a título persoal. Poñédevos en contacto coa Cofradía.
Anotáronse outras catro peñas novas que terán que pasar como cada ano o xa mítico "Exame de patróns" e anotáronse máis grupos locais para o "Rock&Dorna do pais" que este ano terá lugar na "Rúa de Portugal".
Coidado! Hai xente que quere facer da Dorna unha relixión! No Rock&Dorna actuarán Os Prestados, que fan o seu 20 aniversario e Os Skarallaos e no Rock&Dorna Fin de Festa estarán os gastropunqueiros de Muros Terbutalina, os pobrenses Desalojo e Os Porretas -non confundir cos avós daquela serie radiofónica mítica-. A esta asemblea acudiron un total de 87 dorneiros das peñas: Os mesillóns mais cabróns, Carallos de Rei, Caracolas en Sirolas, Arria o Jallo, Vikinjos da Tomasa, Pintos joden Quintos, Rapante do Mercante, Cajaboi Island, Pescadillas con Ladillas, Ratos da Illa, Os Serrans mais Marrans, Tabeirons Caralludos, Peregrina, Muxo Beti, Pateiros Palangreiros, Cowboys, A Nasa, Las Cigalas del Koala, Estudias Traballas ou colles Naballas, Parrochas Papudas, As Pirañas van de Cañas, A Tuna Nejra, Sijala Raia, Comando Dorneiro, Cabuxos do Mar, As Llapras do Stop, As Navallas de Palmeira e Lenjuados Embriajados.
Ao baile de Jala hai que ir de ídem Por outro lado aproveitan esta nota de prensa para recordar que a Cofradía da Dorna ten á venta un ano máis a Sudadeira Dorneira na tenda de deportes Podium Sport, situada na Rúa de Lugo (detrás da Iglesia) e que ainda podes conseguir a rifa dorneira. Informou catolicamente aínda de toda esta jarabansada Jacob Moraña Cabo,
presidente -e non por asidente- da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.Antes, en Certo:
Dorna: "Carallos de Rei" e "A Nasa", peñeiros deseñadores
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario