Ribeira, 10 de xullo de 2012.- O Salón de Plenos da Casa Consistorial foi escenario hoxe da recepción polo alcalde de cinco rapaces (tres nenas e dous nenos) que pasarán os meses de xullos e agosto no municipio barbanzano con motivo do programa Vacacións en Paz. Dous dos rapaces van recalar en Ribeira por primeira vez: as irmáns Naiza Bachir Jatri e Zeinuha Bachir Jatri, que serán acollidas polas familias de Mª Isabel Bermo Reiriz e Juan V. Fontaíña Pérez, por unha parte; e de Mª Manuela Abella Cruz e José Ignacio Jorganes Echezarreta, por outra. Ademais, repetirán estancia en Barbanza Ayeba Mohamed (acollida pola familia de Mª del Pilar Laranga Santos e Francisco Rego Sobrido), Larussi Mohaned Lamin (familia: Manuela García García e Francisco González Chouza) e Nayem Mohamed Embarec (familia: Mª Jesús Pérez Sampedro e Manuel Paz Silva). Cómpre destacar que este ano hai dous rapaces máis que na edición do 2011. Isto foi posible grazas á implicación da empresa Congalsa, que estivo representada no salón de plenos a través de Ramón Doval. A este respecto, Manuel Ruiz salientou que esta entidade alimentaria amosou dende o primeiro momento a súa vontade de colaborar na iniciativa, unha vez o alcalde lle transmitiu á empresa o interese transmitido por familias ribeirenses de incrementar o número de nenos a acoller durante o verán. A colaboración de Congalsa con Vacacións en Paz plasmouse na sinatura dun convenio que a vincula coa acción promovida pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Máis de dez anos acollendo a saharauisPola súa parte, o Concello ribeirense leva máis dunha década colaborando co programa “Vacacións en Paz”, que pretende ser un marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de darlles estes nenos unha estancia agradable e humanamente satisfactoria, ofrecéndolles a posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa non só na súa formación senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre as poboacións de España e o pobo saharaui. O acto de hoxe rematou coa tradicional entrega duns agasallos aos nenos participantes e unha fotografía de familia.
Ribeira: "Stop Desahucios" vaise entrevistar co alcalde o 19 de xullo e remítelle un escrito aos bancos da zona post.ly/8EmkY
— Certo (@Certo) July 10, 2012
‘Lee hoy las noticias de hoy’, un campaña a favor de los medios digitales - 233grados.com233grados.lainformacion.com/blog/2012/07/l… @quepasanacosta
— Certo (@Certo) July 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario