Ribeira, 27 de xullo de 2012.- Mañá e pasado, sábado 28 e domingo 29 de xullo, vaise a disputar no Concello de Ribeira a primeira proba do “XII Circuíto Barbanza de Volei-Praia”.
A competición desenvolverase na praia de Coroso, e será a primeira das catro das que consta o circuíto. Todas as probas son puntuables para o Campionato Galego e para o ranking nacional.
O torneo constará de dúas categorías: masculina (mínimo 20 parellas) e feminina (mínimo 12 parellas), as dúas sen límite de edade.
Sistema de competición
Todo o torneo xogarase ao mellor dun set de 21 puntos (sin tope, gañando con diferenza de dous), polo sistema de acción-punto (tie-break, 1 tempo morto por equipo), excepto as semifinais e final, que se xogarán ao mellor de 3 sets a 21 puntos.
Para optar aos premios finais do circuíto será obrigatorio participar nun mínimo en 3 probas das 4 que ten, incluíndo a final.
Datas das probas do circuíto
Ribeira 28 e 29 de Xullo (Praia de Coroso)
Dumbría 4 e 5 de Agosto (Praia de Ézaro)
Boiro 11 e 12 de Agosto (Praia de Barraña)
Pobra 18 e 19 de Agosto (Praia da Lombiña)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario