- Dentro da programación da Semana do Mar
Imaxe do blog de Lajareu por Barlovento, en http://lajareu.blogspot.com.es/
Ribeira, 13 de agosto de 2012.- Dentro do programa da Semana do Mar e como actividade complementaria da feira Artemar Ribeira, a asociación cultural Lajareu por Barlovento organiza para este sábado día 18 de agosto a súa tradicional Regata do Carme ‘Trofeo Dorna de Prata”, unha iniciativa que conta coa colaboración do Concello. Como é sabido, dende a constitución da citada asociación foi interese da mesma a recuperación da antiga Regata do Carme que disputaban os mariñeiros de Santa Uxía nas datas da festividade dende mediados dos anos cincuenta. Con tal motivo, a entidade chegou a un acordo de colaboración co Concello que permitiu instituír o Trofeo Dorna de Prata, buscando que a participación doutros pobos da ría fose o máis numerosa posible así como a potenciación da relación dos pobos mariñeiros onde a dorna, como embarcación emblemática galega, aínda forma parte do seu patrimonio vivo. O trofeo da Dorna de Prata consiste nunha figura labrada en prata dunha dorna coa fasquía típica das dornas desta banda da ría. Conséquena en depósito por un ano o club ou asociación de regatistas en que as súas tres primeiras dornas acaden a mellor puntuación. RegulamentaciónAs inscricións –que son gratuítas- poderán realizarse no local social da asociación Lajareu por Barlovento, sito no peirao deportivo, ou na embarcación do xuiz de regata.A data límite para apuntarse é o día 18 agosto, ata a primeira pitada antes da saída da proba. Ás 12 do mediodía abrirase a oficina de regatas e iniciarase o rexistro dos participantes. Ás 16.30 horas dará inicio a regata, cuxa hora de remate prevese para as 19.30 horas. A continuación terá lugar a entrega de trofeos. En canto aos premios, porase en xogo a referida Dorna de Prata, que se entregará en depósito ao club vencedor e será exhibida en depósito no Concello correspondente por un tempo dun ano. Ademais, entregarase un trofeo a cada un dos tripulantes das cinco primeiras dornas clasificadas e un recordo da regata a todos os participantes. Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario