- Xan Ermida é o presidente e hai un responsable en cada localidade de Barbanza, a excepción de Ribeira, que ten tres
- Alcaldes e ex-alcaldes da zona, entre os responsables locais
Monumento pola Memoria da rotonda de Cimadevila en Boiro
Ribeira, 4 de outubro de 2012. Con data 3 de outubro a Comisión pola recuperación da memoria histórica da Barbanza fixo a presentación pública da súa directiva, eleita na asemblea de constitución o pasado luns 10 de setembro.
Nesta asemblea engadiuse máis representación á Xunta Xestora que coordinaba a Asociación, o que significa o incremento de localidades nas cales a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza está presente.
A composición da Xunta Directiva é a seguinte:
Presidente: XAN ERMIDA.
Secretario: ADRIÁN ROMAY.
Tesoureiro: XOSE ALBERTE LORENZO.
Responsables en Ribeira: ENCARNA PEGO, PILAR PEREIRO e XOSÉ ÁLVAREZ CASTELO.
Responsable en Pobra: XOÁN MUÑIZ.
Responsable en Boiro: XOSÉ DEIRA.
Responsable en Rianxo: ADOLFO MUIÑOS.
Responsable en Porto do Son: XOAN PASTOR RODRIGUEZ.
Responsable en Noia: XOSE ANTONIO PÉREZ.
Responsable en Lousame: XULIO PARADELA.
Responsable en Muros e Serra de Outes: XAN MARIÑO.
Por outra banda, na Reunión da Xunta Directiva que tivo lugar onte, mércores 3 de outubro, acordáronse formar diversos grupos de traballo, fixando un amplo calendario de actividades e actos. Un deles vaise realizar a nivel comarcal na semana do 19 ao 25 de novembro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario