29.10.12

Outes: a banda de Lousame actúa o domingo 4 de novembro en homenaxe a Añón e Manuel Blanco Dosil

Media_httpfarm9static_kiuse

Outes estase volcando este ano na celebración do bicentenario de Añón

Outes, 29 de outubro de 2012. Continúa co plan de preparación para o Certame Galego de Bandas de Música a Banda Municipal de Música de Lousame. O vindeiro domingo, 4 de novembro, dará un concerto na Casa da Cultura da Serra de Outes ás 7 da tarde.

O concerto servirá para recoñecer a figura de Manuel Blanco Dosil, director da Banda de Outes e compositor da obra libre coa que a Banda de Lousame participará no Certame Galego. A obra que se estrenará neste concerto leva por título “Escenas do Atlántico” e está adicada á costa galega e a tódolos que perderon a vida nela. O ano pasado a Banda de Lousame xa concursou cunha obra de Manuel Blanco titulada “O demo de Carboeiro” e acadou con ela un gran éxito xa que levou o premio á mellor interpretación dunha obra galega.

No concerto deste domingo tamén se fará unha homenaxe á  figura de Francisco Añón no ano do bicentenario do seu nacemento. Do poeta outense interpretaranse dúas pezas “A Galicia” e “A enfermedá d’Añón” con música de Prudencio Romo e que foran popularizadas polo grupo “Los Tamara”. Na versión para banda a Banda de Lousame acompañarase da Coral Polifónica de Noia e as voces solistas de José Manuel Barreiro Pérez “Secho” e Fernando Docampo. Con estas pezas a Banda de Lousame quere sumarse ó recoñecemento da obra de Añón nun ano que foi moi intenso no Concello de Outes en actos culturais.

A Banda de Lousame espera repetir ou mellorar o resultado do ano pasado onde ademáis do anterior premio acadaron o segundo premio na sección terceira. A participación da Banda de Lousame será o venres 16 de novembro ás 8 da tarde no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical