29.10.12

Ribeira: así foi a andaina polo Monte Facho e a Costa da Vela

Ribeira, 29 de outubro de 2012. Onte, domingo 28 de outubro tivo lugar a Andaina pola Costa da Vela que Arousa - Natureza e Ocio, tiña organizada para ese día a partires das 8.30 h. da mañá na que saíu o autobús cos 50 participantes inscritos dende a estación de Ribeira.

Trala chegada ao lugar de Hío, ao pé do famoso cruceiro no que os sendeiristas se fixeron a foto de grupo, enfiaron os camiños e sendas milenarias (parte do roteiro discorrería por unha antiga calzada romana) cara ó Monte Facho para visitar as escavacións do castro de Beróbriga, e disfrutar das vistas da Costa da Vela e das Illas Cíes.

Logo dunha parada para coñecer mellor o castro dirixíronse rumbo á aldea de Donón, continuando polos sendeiros que serpean polos cantís da Costa da Vela e que rematan no Cabo das Tres Puntas: Cabo Home, Punta Robaleira, e Punta Subrido; cada un deles cresteado por un faro. Logo de pasar polos dous primeiros e para chegar ó terceiro, beirouse a praia de Melide disfrutando dos camiños dun fermoso piñeiral.

O regreso ata a aldea de Donón fíxose a bo ritmo, xa que esperaba o autobús para achegar ós excursionistas ata Cangas donde puideron disfrutar da gastronomía e do paseo portuario (fundamentalmente) da capital do Morrazo.

Ás 19 horas "estábamos todos de regreso na estación de autobuses de Ribeira, esgotados e satisfeitos por compartir unha viaxe e unha actividade de ocio saludable e cultural", segundo relatan os participantes.

Máis información sobre vindeiras actividades en www.arousa.com

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical