Rianxo, 5 de outubro de 2012. O Servizo de Información e Animación Xuvenil oferta tres cursos de formación destinados a mozos e mozas rianxeiros de entre 18 e 30 anos. Os cursos son:
- Curso de inglés medio: do 12 ao 29 de novembro, de 10:30 a 13:30 no Auditorio de Rianxo.Terá unha duración de 42 horas, durante as cales se utilizara unha metodoloxía práctica, basada nos diálogos, pronunciación/fonética, videos, exercicios, explicacións gramaticais, conxugación, léxico, fichas culturais, etc, para mellorar no coñecemento do idioma e a súa práctica lingüística. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 9 de novembro.
- Curso de deseño gráfico: do 3 ao 21 de decembro, de 10:30 a 13:30, na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo. Nas 42 horas que dura o curso ensinarase a utilización do programa Gimp (edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits), o Scribus (programa de maquetación) e o Inkscape (editor de gráficos en formato vectorial), tres ferramentas que permitiran preparar carteis, folletos, publicacións, presentacións, etc. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 30 de novembro.
- Obradoiro de procura de emprego e emprendemento: 28 e 29 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas, no Auditorio de Rianxo. Neste obradoiro traballarase sobre ferramentas e recursos que facilitarán a búsqueda de emprego, facendo especial fincapé no emprendemento a través do cooperativismo. Este obradoiro realizase en colaboración coa oficina de Fomento do Cooperativismo de Arousa Norte. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 27 de novembro.
Os cursos están dirixidos a mozos de 18 a 30 anos, residentes no Concello de Rianxo e cos estudos obrigatorios rematados.
O número de prazas por curso é de 15. No caso de superarse o número de inscricións, realizaríase un sorteo entre os inscritos que cumpran os requisitos.
Podes inscribirte na Oficina de Información Xuvenil, no teléfono 981 100 688, no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.es ou en liña:
No SLAM AROUSA en Ribeira!! Gañador: RAMON BLANCO. Finalistas: RAMONA FDEZ e MANUEL L. RODRIGES. @certo twitter.com/hadrianaordone… @profe_galego @certo Axúdasnos a difundir o HT#cienciaetecnoloxiaengalego? Martes 6, mañá, st entre 12:30 e 13:30 ir.gl/12aa69
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario