Ribeira, 5 de novembro de 2012. Arousa Natureza e Ocio, conxuntamente co Concello de Ribeira, orzaniza para domingo 25 de novembro o Iº DUATLON TRAIL DE RIBEIRA, con saída ás 11:00 h. da parroquia de Santa María de Oleiros, no Cámping Rural Ría de Arosa 2.
O duatlón consistirá en dúas probas consecutivas: 15 quilómetros de BTT (bicicleta de montaña) e 5 quilómetros de Trail (carreira a pé). Tanto a saída coma a chegada, así coma a transición entre as dúas probas terá coma vértice de referencia o Camping Ría de Arosa 2.
O duatlón está aberto a todo tipo de atletas: federados, populares ou afeccionados; convértese por tanto nun punto de partida para aqueles que queiran disfrutar e/ou probarse nunha proba de duatlón combinando dous dos deportes máis populares da actualidade.
Pódese consultar na web www.arousa.com
- REGULAMENTO DA PROBA
- MAPAS E PERFIL DOS RECORRIDOS
- INSCRICIÓNS
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario