21.11.12

Ribeira: o polideportivo da Fieiteira conta xa con servizo regular de bus

Media_httpfarm9static_cyxmq

A grada do campo de céspede da Fieiteira foi posta o pasado 31 de outubro

Ribeira, 21 de novembro de 2012. Segundo informa hoxe o Concello, e para dar resposta a unha demanda veciñal e facilitar o uso e disfrute das infraestruturas do Complexo de A Fieiteira, o servizo regular de autobuses que opera no municipio conta dende hoxe cunha parada na instalación deportiva.

Media_httpfarm6static_nzlxi

O Concello de Ribeira emprega as súas paradas de bus como reclamo turístico

Este novo servizo estará operativo todos os días da semana conforme aos seguintes horarios:

 

SAÍDAS DENDE A ESTACIÓN DE AUTOBUSES CON DESTINO Á FIEITEIRA

De luns a venres

Sábados

Domingos

08.20

10.00

10.00

09.25

10.50

12.00

10.35

11.40

 

16.10

16.30

 

18.10

18.00

 

19.35

   

20.35

   

 

SAÍDAS DENDE A FIEITEIRA CON DESTINO A ESTACIÓN DE AUTOBUSES

De luns a venres

Sábados

Domingos

10.20

11.10

12.45

11.30

12.30

 

12.45

13.15

 

17.25

17.20

 

18.35

   

20.20

   

21.20

   

 

 

 

 

 

 

Ademais, ás 22.00 horas, de luns a venres, haberá un último servizo con saída da estación de autobuses de Ribeira, pasando pola Fieiteira – Aguiño – Castiñeiras – Ribeira.

CONCERTO DE SANTA CILLA ESTE XOVES 22


Con motivo da celebración de Santa Cecilia (Icía e tamén Cilla en galego) , padroa dos músicos, os nenos e nenas de dous a tres anos que están a asistir ao Programa de Conciliación do Concello de Riveira, ofrecerán mañá xoves, día 22 de novembro, un concerto didáctico coa interpretación de varias pezas infantís.

A actuación contará coa colaboración de varios membros da Rondalla de Aguiño, que lles facilitará aos pequenos que poidan escoitar o son de instrumentos musicais como o laúde, a bandurria, a guitarra ou a mandolina.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical