- Organiza o Concello. O 1 de decembro impártese a parte práctica
- Será no centro de interpretación de San Roque
Vista do cenador do parque de San Roque
Ribeira, 16 de novembro de 2012.- O Centro de Interpretación do parque periurbano de San Roque vai dar cabida dende finais deste mes a un curso de Creación de Rutas e Animación promovido polo Concello.
O curso está auspiciado dende a Concellería de Xuventude e Igualdade, que dirixe Aroa Fernández, co obxecto de dinamizar o turismo do municipio a través da formación da poboación para poder prestar un servizo de atención de calidade. Con tal motivo, no transcurso da acción formativa achegarase ao alumnado o coñecemento do patrimonio do concello, aprenderáselles a facer animación na guiada, daráselles a coñecer o turismo potencial e a perfilar unidades de desenvolvemento que provoquen maior afluencia do mesmo e
O desenvolvemento técnico do curso correrá a cargo da empresa Golfiño Xestión de Ocio, actuando como docente Irene Maneiro Paz, dinamizadora turística da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.
Entre as visitas haberá unha á lonxa de Ribeira
Inscricións
As clases desenvolverase os días 24 e 25 de novembro e 1 de decembro, en horario de 9 a 14 e de 16 a 21 horas. As inscricións deben facerse na Casa da Xuventude de Riveira. Hai un máximo de 25 prazas.
Programa completo:
DÍA | CONTIDOS |
SÁBADO 24 DE NOVEMBRO Parte teórica | Presentación do programa do curso |
Aspectos xerais do turismo e o ocio | |
A xeografía turística: diferenzas entre destino e xeodestino | |
O patrimonio de Riveira e da comarca | |
O potencial turístico do patrimonio de Riveira e da comarca. Os recursos turísticos | |
Características e diferenzas entre recurso, produto turístico, paquete turístico e ruta turística | |
A accesibilidade Universal como eixe transversal na planificación dunha ruta turística:
| |
A interpretación do patrimonio como eixe transversal na planificación dunha ruta turística:
| |
O perfil do monitor - guía | |
Planificación e deseño dunha ruta turística e de animación A ruta
Traballo de campo
Elaboración do guión da ruta
Boas prácticas no guiado Avaliación | |
A promoción da ruta
| |
Lexislación e bibliografía |
DOMINGO 25 DE NOVEMBRO Parte práctica | |
VISITA Á LONXA DE RIVEIRA | |
ACTIVIDADE PRÁCTICA Fase I. Deseño dunha ruta con temática mariñeira no entorno urbano de Riveira Creación de grupos e reparto de tarefas para a experiencia piloto. Traballo de campo:
Elaboración dos contidos
A promoción en folleto
| |
SÁBADO 1 DE DECEMBRO Parte práctica | Campus vivencial de rutas guiadas
|
Avaliación do campus vivencial
| |
ACTIVIDADE PRÁCTICA Fase II. Presentación e realización da ruta deseñada a cargo dos alumnos do curso |
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario