- Os científicos alertan de que este gas é o causante de entre o 3 e o 14% dos cancros de pulmón, ao ser unha sustancia radioactiva
Dodro, 16 de xaneiro de 2013. No pleno ordinario deste venres, 18 de xaneiro, @s concelleir@s nacionalistas presentarán unha moción para que o equipo de goberno do PP informe dun perigo oculto que teñen nos seus fogares todos os dodrenses: o gas radón (222Rn), que en Dodro ten maior presenza que en ningún outro concello estudado en Galiza, segundo o estudo do Servizo de Medicina Preventiva da USC, e recollido no seu día polos medios de comunicación. "Parécenos importante que a administración local, a máis próxima á xente, tome cartas no asunto e se comprometa a informar sobre este asunto e contribuir a que se tomen medidas preventivas que minimicen o risco deste gas nos fogares ( o 2º factor de risco nos cancros pulmonares). Non hai escusa para non aceptar este compromiso, pois formar e informar ten un coste moi baixo, posiblemente menor que o de enviar un almanaque a toda cor a todas as casas coa foto do alcalde", polemizan estes concelleiros, en clara crítica ao calendario que se enviou hai escasas datas a cada casa do municipio.
Financiación das mediciónsAsimesmo tamén propoñen que se financie dalgún xeito as medicións naqueles fogares que queiran facelas, para o cal o concello tamén ten mecanismos que minoren os custes (convenio coa Universidade de Santiago de Compostela por exemplo). "O Colectivo Nacionalista por Dodro, do cal formamos parte, considera que a administración ten que ocuparse da SAÚDE PÚBLICA, e a súa prioridade neste ámbito ten que ser @s cidadáns que ten no seu territorio. Esperamos que esta moción sexa aceptada e colaboraremos co concello na difusión da información, facendo propostas ou no que faga falta", rematan. Ollo cos colexiosAdemais das xustificadas queixas dos nacionalistas dodrenses, os galegos temos que preocuparnos polos niveis que se detectaron nos colexios no último informe da USC e do que fala CIG Ensino aquí. Nun colexio da Serra de Outes, o Poeta Añón, supéranse amplamente os niveis considerados "saudables" pola Organización Mundial da Saúde. Hai puntos nese centro que superan 6000 Bq/m3. Dun total de 24 localizacións rastrexadas, o 37% supera os 1000 Bq/m3 e o 92% supera os 400 Bq/m3. E xusto nestes 400 bequerelios por metro cúbico establece o límite a OMS. Levan a denuncialo dous anos e a Xunta fixo caso omiso para arranxar esa situación. Información sobre este gas: diríxase á web da USC
O texto seguinte está extraído da web do Laboratorio de Análises de Radiacións que a USC ten en
http://fpsalmon.usc.es/lar/gal/servizos/servizoradon/inforadon.php "Tratar de comprendelo comportamento do gas radón no interior dun edificio non é trivial. Existe unha grande cantidade de factores que interveñen no mesmo. Densde o tipo de edificación, pasando polo uso da mesma e dos hábitos do persoal que a habita, ata o séu illamento e a calidade dos materiáis empregados na súa construcción.
O gas radón producido polo 226Ra presente no chan, o principal foco da radiactividade existente no interior das edificacións, ás cales entra principalmente a través de fendas nos cimentos, as paredes, ocos parede/cañería, e incluso polas propias cañerías dos cuartos de baño, así como por difusión a través dos cerramentos en contacto co chan (Figura 5).
|
Figura 5: Posibles entradas de gas 222Rn no interior dunha edificación. Na práctica, a principal fonte e de 222Rn é o solo (A, B, C y D) e, no caso H, o efecto de ventilación das fiestras é, normalmente, un factor de diminución da concentración". |
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario