- Pídense entre 70.000 e 100.000 caracteres en galego
- O prazo para presentalos remata o 19 de abril
- Premio único de 3.000 euros, con escultura de Alfonso Costa e publicación da obra
- O fallo do xurado darase a coñecer o venres 24 de maio
Se quere ver o cartel no seu tamaño orixinal, prema aquí
Noia, xoves 24 de xaneiro de 2013. Esta mañá, ás 12:30 horas, tivo lugar a presentación, ante os medios de comunicación, do XII Certame Literario "Relato de Aventuras" Antón Avilés de Taramancos" na casa da Cultura de Noia.
Estiveron o concelleiro de Cultura, Javier Rodríguez Vieites, e Xavier Castro Rodríguez, profesor e co-director da revista "Casa da Gramática" do IES "Virxe do Mar" de Noia, ambos representando ao Concello e á revista, como coorganizadores. Tamén colabora a Deputación da Coruña. Interésalle saber quen o gañou o ano pasado? Entrevistámolo!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario